Entra no Noso Mundo Un espazo de máis de 2500m2 dentro da nosa única fábrica.
Moito Máis que un Museo no que coñecer as nosas orixes, descubrir a nosa Cultura cervexeira e vivir unha experiencia cos cinco sentidos.
Que facer
en MEGA?
Descubre MEGA coas nosas visitas, obradoiros e packs especiais.

Goza da Nosa Experiencia Cervexeira con total seguridade.
Visita as instalacións acompañado dun guía e en grupos reducidos.
Ofrecémosche material sanitario para asegurar o teu benestar, así como unha pulseira personalizada para mellorar a túa visita.
A visita guiada con tiraxe inclúe:
- Kit de experiencias para descubrir os segredos de Cultura de Cervexa que contén: unha mochila, un set de materias primas, un punteiro táctil, unha copa Atlántica Estrella Galicia e un pousavasos.
- Dúas consumicións: Tira a túa propia cervexa de billa (33 cl) coa axuda do noso experto cervexeiro e, ademais, goza dun set de degustación de cinco cervexas (12 cl).
Tamén tes a posibilidade de realizar una visita guiada sen tiraxe por 20€, incluido:
- Minikit de experiencias que contén: un set de materias primas e un punteiro táctil.
- Unha consumición: un set de degustación de cinco cervexas (12 cl) ou unha cervexa de billa da túa preferencia.
PLANEA TU VISITA GUIADA
- De mércores a domingo.
- Sesións ás 11:00, 11:30, 12:00, 12:30, 13:00, 16:00, 16:30, 17:00, 17:30, 18:00.
- Máis de 100 minutos de experiencia cervexeira.

Anímate a participar neste obradoiro onde te poderás mergullar no mundo da cervexa coñecendo as materias primas cervexeiras, a clasificación por tipos de fermentación e te iniciarás na cata de cervexa a través da túa propia memoria sensorial probando diferentes estilos de cervexa.
O obradoiro inclúe:
- Cata inicial de 3 cervexas cun reto final.
- Unha mochila cunha copa Atlántica Estrella Galicia, un set de materias primas e un punteiro táctil.
- Caderno de Beer Hunter con consellos de cata e un lapis para seguir a practicar na casa.
- Tirar a túa propia cervexa de billa coa axuda do noso Experto Cervexeiro.
Goza deste obradoiro cervexeiro con total seguridade, en grupos reducidos e con estritas medidas de hixienización. Axúdanos a cumprir con todas estas medidas presentándote con 10 minutos de antelación no portelo.
Para os que
queren todo
e moito máis

Goza dunha verdadeira inmersión cervexeira:
Visita as instalacións acompañado por un guía e completa a experiencia co noso Obradoiro Cervexeiro para descubrir as materia primas e iniciarte na cata de cervexa.
Ofrecémosche material sanitario para asegurar o teu benestar, así como unha pulseira personalizada para mellorar a túa visita.
…e Moitos
Máis Motivos
Porque somos Moito Máis que un Museo, descubre os nosos eventos pasados!
Cómo chegar
a MEGA

MEGA – Mundo Estrella Galicia
Rúa José María Rivera Corral.
Autobús urbano Liña 11
Parada c/ Jose María Rivera Corral.
O Noso Mundo Abre para ti:
- De mércores a domingo:
de 11:00h a 20:00h
Derradeiro acceso 18:00h