1. Somos cervexeiros. Levamos elaborando cervexa desde hai máis de 115 anos. No MEGA compartimos contigo o noso coñecemento e a nosa tradición centenaria. 

2. Por iso creamos experiencias únicas que nacen para que goces da cervexa dun xeito diferente. 

3. A ferramenta perfecta para loitar contra a estandarización da cervexa.  

4. Experiencias slowbeer, pensadas para vivir paseniño. Entra polas portas do MEGA e mira, toca, ule, bebe… goza… sen présas. 

5. As nosas materias primas son as persoas. Un equipo de profesionais repleto de coñecementos que te acompaña de principio a fin. Un equipo natural e sen aditivos. 

6. Somos o museo dunha empresa familiar, independente. 100 % capital da familia Rivera, na súa quinta xeración. 

7. Invitámoste a vivir e sentir o único museo de cervexa do mundo integrado nunha fábrica activa. E témolo aquí… na nosa orixe… en Galicia.. 

8. Un museo interactivo, repleto de maxia e innovación. Unha experiencia 360 personalizada para ti  

9. A creatividade e a sustentabilidade marcan o noso camiño e a paixón a nosa diferenza. . 

10. Amamos a cervexa sobre todas as cousas. Benvido ao noso mundo!