Acceso ao museo

MEGA é completamente accesible ao público. Todos os espazos contan coa mellor distribución e adaptación aos contidos, ás esixencias legais de circulación e á normativa de evacuación e accesibilidade.

A audioguía conta tamén con lingua de signos, texto con letra ampliada e audio para aquelas persoas con algún tipo de discapacidade física.

O MEGA é para todos e seguirá sendo así. Se existe algunha situación especial que queiras comentarnos relacionada coa túa visita ao MEGA, non dubides en poñerte en contacto con nós. Encontraremos unha solución xuntos.