1. Identificación do prestador do servizo

Dominio www.mundosestrellagalicia.es
Denominación social MUNDO ESTRELLA GALICIA S.L.
Nome comercial MEGA
CIF B 70476676
Domicilio social José María Rivera Corral nº 6 A Coruña
Datos Rexistrais Rexistro A Coruña Tomo 3569 F140 C53913
Teléfono de contacto 981931906
Correo electrónico info@mundoestrellagalicia.es

2. Uso da plataforma de venda Web

Toda persoa que acceda e/ou empregue esta plataforma de venda web adquire automaticamente a condición de USUARIO/A e do mesmo xeito a de CLIENTE, unha vez efectúe a súa compra.

A mera navegación e la realización de calquera transacción a través da presente plataforma de venda web implica a aceptación das Condicións Xerais de Contratación aquí reflectidas, que resultan da aplicación independentemente das condicións xerais de contratación que poidan ser de obrigado cumprimento de conformidade coa lexislación vixente.

3. Obxecto das Condicións Xerais de Contratación

O presente documento pretende regular e dar a coñecer as condicións xerais para a adquisición das entradas do Museo MEGA (Mundo Estrella Galicia), a través de http://entradas.mundoestrellagalicia.es dando cumprimento así ao disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE) e de conformidade tamén co que estabelecen o Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias e a Lei 7/1996 do 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Minorista.

O servizo da venda das referidas entradas é de pago. Porén, o simple acceso á información contida nesta plataforma web non está sometido ao pagamento de ningunha contraprestación.

O titular e prestador do servizo resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no presente sitio web sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos USUARIOS/AS ditas obrigas, entendendo como suficiente a súa publicación na web.

4. Proceso de compra das entradas

Para realizar unha compra de entradas, deberanse seguir os seguintes pasos:

Seleccionar o tipo de experiencia que desexa mercar.

Seleccionar a data e hora da visita

Seleccionar a tarifa e o número de entradas

Inserir os datos de contacto para o envío da confirmación da compra e das entradas para imprimir na casa.

Proceder á formalización do pagamento a través da pasarela de pagamentos correspondente.

5. Medios de pagamento

Como medio de pagamento das entradas admítese:

Tarxeta de crédito e PayPal.

6. Entrega das entradas

Rematada a compra, o CLIENTE recibirá unha mensaxe de confirmación ao enderezo de contacto felicitado, xunto coas entradas adquiridas como ficheiro adxunto en formato PDF para a súa impresión na casa. Tamén lle será remitido un localizador. O CLIENTE tamén poderá descargar as entradas no seu dispositivo móbil. Tanto no dispositivo imprimible como no descargable no dispositivo móbil, inclúese un código QR que será escaneado no portelo de MEGA. Mundo Estrella Galicia para trocar a entrada.

7. Devolucións e cambios

Unha vez as entradas foron adquiridas, a mesma non será cambiada nin devolto o seu importe. A perda ou extravío, a imposibilidade de asistencia na data prevista  ou a comisión dun erro ao realizar a súa adquisición non continuarán motivos dabondo que permitan dita devolución.

Só no caso de cancelación ou peche do Museo terá o CLIENTE dereito á devolución do importe íntegro da entrada adquirida, que se realizará pola mesma canle en que se efectuara o pagamento].

8. Emisión de facturas

Na aplicación do disposto no art. 1 do Real Decreto 1619/2012 do 20 de novembro polo que se aproba o Regulamento en que se regulan as obrigas de facturación, o prestador do servizo emitirá as correspondentes facturas de compra das entradas que porá ao dispor dos CLIENTES vía portal ou por correo electrónico.

9. Acceso a MEGA con entrada

Para a admisión ao Museo cómpre levar sempre e presentar no punto de acceso ás instalacións a correspondente entrada adquirida a través da presente plataforma de venda web, debidamente impresa na casa ou descargada no móbil, ou ben obtela no portelo con anterioridade. A admisión queda supeditada, en todo caso, a que dita estrada estea completa e en boas condicións.

O Museo resérvase o dereito a cancelar as visitas dos CLIENTES sen previo aviso por causas imprevistas de forza maior ou realización de actos oficiais ou de outra natureza que non poidan posporse. Nestes casos, MEGA Mundo Estrella Galicia devolverá o prezo íntegro das entradas, renunciando o CLIENTE a calquera outro tipo de compensación.

Ademais, o Museo resérvase o dereito a denegar a admisión a calquera persoa na que observe un comportamento inadecuado ou que incorra nin incumprimento grave e/ou reiterado das normas e regulacións internas das instalacións, que estarán ao dispor de todos no edificio de acceso. Xa que logo, a infracción de ditas normas e regulacións internas ou a comisión por parte de calquera CLIENTE de actos que poidan provocar dano, prexuízo ou agravio ou un perigo para a seguridade das persoas ou cousas, no momento de acceso ou durante a súa visita a Museo, facultará para súa inmediata expulsión, sen ter dereito ao reembolso da entrada.

A entrada adquirida só será válida para o día seleccionado, quedando invalidada en calquera caso para días sucesivos.

9.1. Normas e regulacións internas

Atópase vostede no espazo museístico de cultura de cervexa. Rogamos manteña un comportamento axeitado e respecte tódalas súas normas de uso. Está reservado o dereito de admisión. Agradecémoslle que vele pola conservación e o bo mantemento de MEGA Mundo Estrella Galicia seguindo estas indicacións:

Está prohibido fumar, comer e acceder ao edificio con animais (agás cans guía). 

Facer fotos con trípode. 

Acceder con mochila. 

Acceder con paraugas. 

Tocar a colección histórica de obxectos de Estrella Galicia: botellas, barrís, etc. 

Falar polo móbil nos sectores expositivos. 

Correr e falar en voz alta.

Molestar, empurrar ou impedir o correcto desfrute de MEGA de outros visitantes. 

Os menores de idade deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto que se responsabilizará expresamente deles durante a súa estancia en MEGA. 

Os menores de idade teñen expresamente prohibido o consumo de bebidas alcólicas durante a súa estancia en MEGA. 

Algún recursos expositivos de MEGA ofertan a posibilidade de probar diferentes produtos que conteñen glute.  

Non está permitida a realización de fotografías ou vídeos para calquera uso comercial de imaxes de MEGA sen o consentimento por escrito de Mundo Estrella Galicia S.L.

Os produtos adquiridos con tarifa reducida requiren obrigatoriamente a presentación da acreditación correspondente, antes de acceder a MEGA, para poder validarse. 

A dispoñibilidade da compra de entradas a MEGA e os horarios especiais quedan a libre criterio de Mundo Estrella Galicia S.L.  en función das súas necesidades. 

Os menores de idade non poden participar en ningún tipo de obradoiro ou actividade programada na que se empreguen alimentos con alcol. 

A entrada adquirida debe empregarse coa marxe de adianto ou demora de quince minutos sobre a quenda de entrada. O acceso fóra dese tempo quedará condicionado pola dispoñibilidade de aforo do momento. 

Cada entrada adquirida pode empregarse unicamente dentro do mesmos día da compra. 

Acceso especial a grupos

Considérase visita en grupo aqueles visitantes que acoden ao Museo formando parte dun grupo previamente definido e organizado e constituído por un mínimo de 8 persoas ata un máximo de 45.

Os grupos poderán facer a súas reservas a través da modalidade de asistencia ao visitante.

As visitas en grupo do MEGA realizaranse, en todo caso, nos días e horas previamente acordadas con MEGA Mundo Estrella Galicia.

9.3 Acceso especial de menores de idade

Os menores de idade só poderán acceder ás instalacións do Museo:

Debidamente autorizados pola súa nai, seu pai, titor/representante legal, conforme ao seguinte formulario, que deberán encher e entregar no acceso das instalacións do Museo,

e acompañados pola súa nai, seu pai, titor/representante legal ou adulto responsable dos mesmos, expresamente autorizado por eles, conforme ao formulario que acompaña, que deberán encher e entregar no acceso das instalacións do Museo.

Ademais, a nai, pai, titor/representante legal ou adulto responsable dos mesmos expresamente autorizado por eles para que os acompañe deberán amosar o DNI ou outra documentación de identificación equivalente no acceso ás instalacións do Museo.

10. Responsabilidade

O prestador de servizos exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada neste sitio web cando tal información puidese ter sido manipulada ou inserida por un terceiro alleo ao mesmo.

O prestador do servizo non garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos datos, programas, informacións ou opinións calquera que sexa a súa orixe que circulen polas redes ás que o USUARIO/A poida acceder, directa ou indirectamente, por ligazóns ou de calquera outro xeito a través desta plataforma web. O USUARIO/A asume, polo tanto, baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso a ditos contidos así como da súa reprodución ou difusión.

O prestador do servizo non será responsable das infraccións dos USUARIOS/AS que afecten aos dereitos de outros USUARIOS/AS, incluíndo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial.

O prestador do servizo tampouco se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo mais non limitativo, en foros, chats, blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de xeito independente a esta plataforma web.

As limitacións de responsabilidade indicadas non afectarán nin prexudicarán os dereitos imperativos que asistan ao USUARIO/A, segundo o lugar da súa residencia.

Con todo, o prestador ponse ao pleno dispor dos USUARIOS/AS e das autoridades e forzas e corpos de seguridade do Estado para colaborar dun xeito activo na retirada ou bloqueo de todos aqueles contidos dixitais que puidesen afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública.

11. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

Tódolos contidos da presente plataforma de venda web, incluíndo, sen carácter limitativo, textos, gráficos, imaxes, deseño do sitio web e dereitos de propiedade intelectual, así como tódalas marcas, nomes comerciais ou calquera outro signo distintivo, son propiedade do prestados do servizo ou dos seus lexítimos propietarios, quedando reservados tódolos dereitos sobre os mesmos. Mediante estas Condicións Xerais de Contratación non se cede ningún dereito de propiedade intelectual ou industrial sobre [ligazón do sitio web] nin sobre ningún dos seus elementos integrantes. En virtude do disposto no art.

32.1, parágrafo segundo do Real Decreto Lexislativo 1/1996 do 12 de abril, polo que se aproba o teto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a dispor, da totalidade ou parte dos contidos deste sitio web con fins comerciais en calquera soporte e por calquera medio técnico sen a autorización escrita previa por parte do prestador do servizo. Calquera uso non autorizado previamente por parte do prestador do servizo estará considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial.

Os deseños, logotipos, textos e/ou gráficos alleos ao prestador do servizo e que puidesen aparecen neste sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles únicos responsables de calquera posible controversia que puidese suscitarse respecto dos mesmos.

O USUARIO/A recoñece que a reprodución, modificación, distribución, comercialización, descompilación, desensamblado, emprego de técnicas de enxeñaría inversa ou de calquera outro medio para obter o código fonte da barra, transformación ou publicación de calquera resultado de probas de referencia non autorizadas de calquera dos elementos e utilidades integradas dentro desta plataforma web constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual, obrigando, en consecuencia, a non realizar ningunha das accións mencionadas.

O USUARIO/A comprométese expresamente a:

Non suprimir ou alterar calquera signo distintivo empregado como marca ou nome comercial (gráfico, logotipo, etc.), elemento protexido por dereitos de autor ou outros avisos, lendas, símbolos ou etiquetas que aparezan neste sitio web.

Empregar a información que obtela desta plataforma web para as súas necesidades e non realizar directa ou indirectamente unha explotación comercial dos servizos aos que a través dela teña acceso.

Absterse de causar por medio do emprego desta páxina web la destrución, alteración, inutilización dos datos, programas ou documentos electrónicos pertencentes ao prestados do servizo ou a terceiros, así como de inserir ou difundir programas, virus, applets, controis Active X ou calquera instrumento ou dispositivo físico ou electrónico que cause ou sexa susceptible de causar danos ou alteracións na rede, no sistema ou no equipo de terceiros.

12. Redes sociais

A presenza e difusión do Museo en Facebook, Twitter, Instagram, Youtube, LinkedIn, Pinterest, Snapchat ou en calquera outras que existan ou que poidan xurdir no futuro xestionarase unicamente polo prestador do servizo. O acceso e emprego destas plataformas require da aceptación das condicións xerais propias de cada plataforma e réxese polas regras e pola políticas de privacidade que en baixo se detalla:

Os perfís do Museo nas plataformas sociais anteriormente mencionadas son un mero espazo de intercambio, coñecemento e difusión das exposicións, espectáculos, obradoiros e das distintas actividades que se realizas nas súas instalacións.

Os seguidores de cada perfil estarán obrigados a empregar de xeito correcto cada plataforma, a cumprir coas súas normas específicas e tamén coas que aquí se detallan:

O Museo non se responsabiliza dos contidos publicados polos usuarios/as nin se identifica con ningunha das opinións que estes publiquen nos perfís das referidas plataformas. De tódolos xeitos, o Museo resérvase o dereito de ocultar ou bloquear os usuarios/as e os comentarios:

de carácter publicitario e/ou spam que non teñas relación coa temática das publicacións das redes sociais do Museo;

que insulten, menosprecen, ameacen ou, dalgún xeito, poidan ferir sensibilidades; ou

que, dalgún outro xeito, constitúan infraccións de calquera norma vixente.

Os contidos publicados nas redes do Museo serán de autoría e propiedade do propio Museo, ou de da autoría de terceiros que publicaran libremente ditos contidos nas citadas redes (incluíndo fotografías e vídeos) e que previamente autorizaran ao Museo para compartilos, difundilos e/ou republicalos nos seus perfís. Recoñecerase sempre a autoría de ditos contidos pertencentes a terceiros.

Se o autor dun contido determinado desexa retiralo dos perfís do Museo, respectarase tal dereito, que haberá de ser exercitado mediante aviso por mensaxe privada en liña ou a través da propia rede social.

13. Política de privacidade

Mundo Estrella Galicia, S.L. Garante o cumprimento íntegro do Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril (GDPR) e da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos no proceso de adquisición e compra das entradas. Quedan recoñecidos os dereitos de acceso, rectificación, supresión e limitación do tratamento nos termos previstos na Política de Privacidade  

14. Lexislación aplicable

As presentes Condicións Xerais de Contratación están suxeitas á lexislación española. Agás en casos de consumidores e usuarios ou en que a competencia veña determinada por imperativo da propia lei, os USUARIOS/AS e o prestador do servizo sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles corresponda, aos Xulgados e Tribunais de A Coruña para a resolución de tódolos conflitos derivados ou relacionados con estas Condicións Xerais de Contratación.

Se calquera cláusula incluída nas presentes Condicións Xerais de Contratación fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, dita nulidade ou ineficacia afectará só a tal disposición ou á parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo ás Condicións Xerais en todo o demais, téndose dita a disposición ou a parte da mesma que resultase afectada por non posta.

15. Contacta con nós

Para expresar calquera tipo de dúbida, consulta, suxestión ou reclamación en relación ás presentes Condicións Xerais de Contratación, pode escribirnos un correo electrónico ao enderezo: info@mundoestrellagalicia.es ou ao teléfono de contacto: 981931906, a través dos cales trataremos de atendelo do mellor e máis rápido xeito posible.