SHOWCOOKING. CERVEXAS, MARIDAD E MÚSICA
Descubre canto podes confiar nos teus sentidos nunha actividade gastro-cervexa chea de sorpresas e retos. O olfacto, o tacto, o oído e o gusto serán as únicas ferramentas nun evento no que non poderás fiarte dos teus ollos porque non todo é o que parece.
Poñeremos a proba os teus sentidos a través dun reto, nun ambiente incomparable como é a nosa Cociña. E gozarás dun maridaxe carnavalesco no que degustarás 5 cervexas e 5 pratos.
Acompañaremos a nosa cervexa trompe l’oeil, cun Showcooking a cargo dos chefs Pracer, Moncho Bargo e Javi Freijeiro. Por se isto che parece pouco, un DJ animará a sesión.
Que inclúe o teu billete?
- Xogos de cervexa nos que poremos a proba os teus sentidos.
- Showcooking con explicación e música en directo.
- Menú Maridaxe: 5 cervexas sorpresa e un prato exclusivo para cada unha delas!
- Cervexa 1 maridada con Pizzataki.
- Cervexa 2 maridada con Navaja Ponzu.
- Cervexa 3 maridada con Croqueta.
- Cervexa 4 maridada con Bolo do Pote.
- Cervexa 4 maridada con cheesecake Savel.
Non inclúe visita a MEGA. Non se admiten menores