Queres ver A Coruña ao completo? Daquela combina un percorrido pola cidade da Coruña ambientado en 1906 cunha visita guiada ao MEGA.
Que inclúe a túa entrada?
- Un percorrido pola Coruña ambientado en 1906 da man dun guía moi especial: Suso Martínez.
- Unha visita ao MEGA, Mundo Estrella Galicia, con tirada e maridaxe (non inclúe desprazamentos).
Se o que estás buscando é ver A Coruña sen deixar escapar nada e con todos os luxos, esta é a túa visita.
O teu guía será nada máis e nada menos que Suso Martínez: guía oficial de turismo, actor e historiador, ademais de colaborador en prensa, radio e TV; e ganador do Premio Periodístico Pérez Lugín 2021, concedido pola Asociación de Prensa da Coruña.
Suso Martínez guiarate pola cidade histórica coruñesa e narrarache os acontecementos que ocorreron arredor de 1906, ano icónico da fundación da Compañía Estrella Galicia (Hijos de Rivera, SAU). Falarache da sociedade, das súas xentes, das historias e da fisionomía da capital galega que entraba no longo e febril século XX con ambición de converterse na gran metrópole do noroeste español.
Como será o percorrido?
Comeza na praza de María Pita, percorre rúas e prazas da Cidade Alta, como a rúa de Santiago, Tabernas, Constitución, Azcárraga e Príncipe, ata o Xardín de San Carlos.
E pola tarde, abrímosvos as portas da nosa casa, no MEGA. Visitarás as nosas instalacións acompañado dun guía.
Ademais, a túa entrada ao MEGA inclúe unha breve sesión de servizo perfecto e dúas consumicións:
- Unha cana (33 cl) tirada polo propio visitante.
- Unha maridaxe entre as nosas cervexas e queixos galegos.
Preparado para vivir unha experiencia completa? Goza ao completo da Coruña co MEGA!