Percorrido Coruña nivel MEGA

Estás de visita na Coruña? Entón combina un percorrido pola cidade da Coruña cunha visita guiada ao MEGA.

Que inclúe a túa entrada?

Para que a túa experiencia galega sexa completa, combina un percorrido pola cidade vella da Coruña coa nosa visita guiada con tirada.

  • Un percorrido de dúas horas pola cidade vella da Coruña, realizado polos guías oficiais de turismo da cidade.
  • Unha visita guiada con tirada no MEGA, Mundo Estrella Galicia
  • non inclúe desprazamentos

Como será o percorrido?

Pola mañá, un guía oficial de turismo da cidade esperaravos na praza de María Pita, concretamente na estatua central desta praza. Desde este punto, o grupo desprazarase á zona vella.

Na cidade vella, tal e como é coñecida entre os coruñeses, descubriredes, ademais da historia da cidade desde a súa fundación no século XIII, os seus monumentos, as rúas e as prazas máis representativas. Saíndo da antiga zona amurallada, a visita continuará polo barrio da Peixería, con vistas ao seu porto deportivo e volveredes despois cara ao interior, percorrendo a principal rúa peonil da Coruña: a rúa Real.

A ruta finaliza no Obelisco, fronte aos Xardíns de Méndez Núñez.

Pola tarde, abrímosvos as portas da nosa casa, no MEGA. Así, poderás visitar as nosas instalacións acompañado dun guía.

A túa entrada ao MEGA inclúe unha breve sesión de servizo perfecto e dúas consumicións:

  • Unha cana (33 cl) tirada polo propio visitante.
  • Un lote de degustación de cinco cervexas (12 cl) para probar diferentes estilos.

Listo para descubrir novas sensacións? Empápate do espírito galego co MEGA!