Relax a la cerveza

Goza dunha exclusiva experiencia, que combina cultura de cervexa e benestar, cunha visita guiada con tirada e maridaxe de queixos en MEGA e unha sesión de “masaxe á cervexa” en TERMARIA CASA DEL AGUA, situada en pleno centro da Coruña.

A túa entrada inclúe


Visita guiada con tirada e maridaxe (duración total: 135 min) entre as nosas cervexas…

  • A Estrella de Galicia
  • Cervexa de bodega Estrella Galicia Especial
  • Cervexa de bodega 1906 Reserva Especial
  • 1906 Red Vintage
  • 1906 Black Coupage

E cinco queixos galegos…

  • Bisqato Xiros
  • Touza Vella Semicurado
  • San Simón Don Crisanto
  • Savel de Airas Moniz
  • Galmesano

Masaxe á cervexa nas instalacións de TERMARIA CASA DEL AGUA e unha consumición (auga de Cabreiroá ou cervexa Estrella Galicia 0,0)
(duración 90 minutos)