Visita guiada con Tirada

Queres vivir a nosa experiencia cervexeira? O noso guía acompañarate durante todo o percorrido.

Na túa visita guiada con tirada proporcionarémosche unha copa Estrella Galicia que poderás levar para a casa de recordo.

Ensinarémosche a tirar unha cana a través dun servizo perfecto. Ademais, poderás gozar dunha degustación de cinco cervexas (12 cl).

Dispoñemos de material sanitario para asegurar o teu benestar e protección, así como dunha pulseira personalizada para mellorar a túa visita.

Ademais da túa pulseira personalizada, proporcionarémosche material sanitario para asegurar o teu benestar: máscara, guantes en puntos clave e xel hidroalcohólico. Reducimos os grupos de visita guiada á metade para garantir a distancia social.

Para facilitar que os diferentes grupos de visita non se encontren, o tempo de estancia tanto na zona de degustación como na tenda será limitado.

Queremos cumprir estritamente todos os protocolos. Axúdanos presentándote na entrada con dez minutos de antelación.

Se decides cambiar a data da túa visita, xestionarémosche o cambio. E se finalmente non podes vir ao MEGA, devolverémosche o importe da túa entrada. Queremos que veñas visitarnos e ofrecerche a máxima flexibilidade para iso.

Para calquera dúbida ou aclaración, envíanos unha mensaxe a info@mundoestrellagalicia.es