Visita guiada con Tirada e Experiencia de Cata

Queres mergullarte no mundo da cervexa e descifrar os seus segredos?

Chega ao MEGA unha experiencia integral que suma á visita ao museo un sorprendente obradoiro de cata. Porque a cervexa vívese, séntese e… cátase!

Imaxinas unha maneira mellor de gozar dunha experiencia 100 % cervexeira? Nós non. Por iso nos gusta axudarche a ver a cervexa cuns ollos diferentes. Seguro que probaches moitas cervexas, pero nunca deste xeito.

Despois da visita, os nosos mestres guiarante nun obradoiro onde os teus sentidos e as túas lembranzas te levarán a un mundo de cores, olores, sabores e sensacións.

É unha cata diferente e especial… Probarás tres cervexas, dúas delas a cegas, non poderás velas! Confía na túa intuición mentres gozas do que máis che gusta e xogas con todos os sentidos.

Que inclúe a túa entrada ao obradoiro?

  • Visita guiada ao museo (con tirada de canas)
  • Obradoiro de cata na sala de obradoiros
  • Tres cervexas
  • Un caderno exclusivo de Beer Hunter con consellos de cata
  • Un megalapis
  • Degustación de 5 cervexas (12 cl) na sala de degustación

Atréveste a converterte nun megacervexeiro? Reserva xa a túa entrada, esperámoste!