Acompaña a nosa experiencia cervexeira cunha maridaxe de cinco das nosas cervexas con cinco queixos galegos.
Proporcionarémosche unha copa Estrella Galicia que poderás levar para a casa de recordo.
Ensinarémosche a tirar a túa propia cana a través dun servizo perfecto.
A túa entrada inclúe, ademais, unha maridaxe entre as nosas cervexas:
- La Estrella de Galicia
- Cerveza de Bodega Estrella Galicia Especial
- Cerveza de Bodega 1906 Reserva Especial
- 1906 Red Vintage
- 1906 Black Coupage
E, por suposto, os nosos cinco queixos:
- Bisqato Xiros
- Touza VellaSemicurado
- San Simón Don Crisanto
- Savel de Airas Moniz
- Galmesano
Unha experiencia 100 % galega!
Visita as instalacións do MEGA acompañado dun guía durante todo o percorrido. Ademais da túa pulseira personalizada, proporcionarémosche material sanitario para asegurar a túa protección: máscara, guantes en puntos clave e xel hidroalcohólico.
Reducimos os grupos de visita guiada para garantir a distancia social adecuada. Para calquera dúbida ou consulta, escríbenos a info@mundoestrellagalicia.es