La Estrella de Galicia 

Unha cervexa lager dourada, limpa, refrescante, na que o malte e o lúpulo se expresan de forma elegante e equilibrada.  

Con esta cervexa rendémoslle homenaxe á primeira xeración da familia Rivera. É o resultado de recuperar a receita orixinal, aquela German Pils que naceu da nosa antiga fábrica hai máis de 110 anos. 

INGREDIENTES 

Auga da cidade da Coruña, maltes de cebadas de dúas carreiras (pilsen e tostada), lúpulo sladek. Fermento seleccionado Hijos de Rivera.  

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 11,4 ºP  
  • Volumen de alcohol: 4,7%  
  • Unidades de cor: 8 EBC  
  • Unidades de amargor: 25 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 4 – 5ºC  

NOTA DE CATA 

É unha cervexa de cor dourada clara, moi transparente. Os aromas lembran o malte pilsen e a codia de pan. En boca é doce e amarga por igual. É maltosa, lixeiramente lupulada e floral, con sutís notas frescas (afroitadas e herbais). Ben carbonatada, de corpo lixeiro-medio e cun agradable posgusto doce.  

Como podes acompañar La Estrella de Galicia?  

  • Con froitos secos (uvas pasas, orellóns, cirolas…) e como complemento de pratos máis complexos.
  • Combina ben con especias como a pementa, o azafrán, o ourego ou o pemento.
  • Con queixos preferiblemente graxos (sobre todo de cabra, pero en xeral calquera que sexa moi cremoso).
  • Con peixes elaborados con salsas suaves ou cociñados ao forno dunha maneira sinxela. 

Estrella Galicia Especial

Nace en 1972 como a Especial Rivera. Pronto se converteu na cervexa máis representativa da compañía.  

Está elaborada a partir dun mosto específico no único centro de produción de Hijos de Rivera, na Coruña. Os mestres cervexeiros empregan na súa fabricación aproximadamente un mes de traballo, o 50 % do cal se dedica a gardala en frío.  

INGREDIENTES 

Auga da cidade da Coruña, maltes de cebadas de dúas carreiras (pilsen e tostada), millo e lúpulos nugget e perle hallertau. Fermento seleccionado Hijos de Rivera. 

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 13 ºP  
  • Volumen de alcohol: 5,5%  
  • Unidades de cor: 9 EBC  
  • Unidades de amargor: 25 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 4 – 5ºC 

NOTA DE CATA 

A cor é dourada e brillante. Existe un excelente equilibro aromático entre os maltes e os lúpulos. En boca é lixeiramente floral e herbal, de calidez moderada e cunha intensa e prolongada sensación lupulada. 

Como podes acompañar a túa Estrella Galicia Especial?

  • Cun amplo abano de queixos, desde os semicurados ata os curados.
  • Con verduras e hortalizas, sobre todo naqueles pratos onde o tomate ou o allo sexan protagonistas.
  • Con cogomelos, porque potencian os sabores doces e amargos que nos lembran a fungos e froitos secos.
  • Con carnes, preferiblemente de polo e coello, preparadas ao forno e con aderezos aromáticos e untuosos.

Estrella Galicia Sin Gluten

A nosa cervexa apta para celíacos obtense a través da adición dun encima no proceso de elaboración da Estrella Galicia Especial. Lógrase así a eliminación da fracción de proteínas de glute provenientes do malte. Deste xeito obtemos unha cervexa sen glute que conserva as mesmas propiedades sensoriais que a Estrella Galicia Especial.  

Estrella Galicia 0,0

É unha cervexa 0,0 lixeira, refrescante e co carácter das cervexas Estrella Galicia.  

A súa elaboración fundaméntase nunha técnica denominada «fermentación interrompida». O fermento traballa o mosto producido especificamente para esta cervexa durante un curto período de tempo (12 horas).  

INGREDIENTES 

Auga da cidade da Coruña, maltes de cebadas de dúas carreiras (pilsen e tostada), millo e lúpulos nugget e perle hallertau. Fermento seleccionado Hijos de Rivera.  

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo 5,4 °P  
  • Volúmen de alcohol 0,0  
  • Unidades de cor: 8,5 EBC  
  • Unidades de amargor: 14 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 4ºC  

NOTA DE CATA 

A súa cor é dourada e brillante. O aroma lembra os maltes empregados na elaboración do mosto cervexeiro, con sutís notas florais e lupuladas. En boca é refrescante, lixeira, cun suave final amargo.  

Como podes acompañar a túa Estrella Galicia 0,0?

  • Con queixos frescos, marmeladas suaves, froitos secos ou mel.
  • Con ensaladas frías aderezadas con cítricos, tomate, gaspacho ou salmorejo.
  • Con mariscos con elaboracións sinxelas (como ao vapor) ou que inclúan aliños cítricos e ácidos (cebiches, salpicóns…).
  • Con peixes brancos, cociñados de forma sinxela igual que os mariscos.  

Estrella Galicia 0,0 Tostada

É unha cervexa 0,0 tostada cun sabor pleno. A mestura de maltes e os lúpulos empregados suman ao seu carácter saboroso, equilibrado e refrescante. Todo o poder dunha cervexa de Estrella Galicia, pero sen nada de alcohol. Aromas artificiais? Cero, só ingredientes naturais

A elaboración dunha 0,0 con plenitude cervexeira é todo un reto. A técnica de «fermentación interrompida» dominada polos nosos mestres e unha receita singular son a clave na consecución deste reto.  

INGREDIENTES 

Auga da cidade da Coruña, mestura de maltes con diferentes graos de secado/tostado, lúpulos das variedades nugget, perle e sladek. Fermento seleccionado de Hijos de Rivera.  

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 6,5 ºP  
  • Volumen de alcohol: 0%  
  • Unidades de cor: 32 EBC  
  • Unidades de amargor: 20 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 4 – 5ºC 

NOTA DE CATA 

A cor é ámbar escura con reflexos alaranxados, con coroa de escuma branca densa e persistente. A mestura de maltes proporciona aromas a galleta e a codia de pan e as tres variedades de lúpulo bríndannos notas herbais e florais.  

En boca dominan os sabores dos maltes, ben equilibrados pola presenza dos lúpulos. Un suave sabor doce inicial serve de presentación para unha cervexa con lixeiras notas ácidas, axustada carbonatación, prolongado resaibo amargo e un final seco. Cervexa plena e refrescante.

Con que podes acompañar a túa Estrella Galicia 0,0 Tostada?  

  • Con queixos frescos ou queixos de leite de vaca con notas herbais e pasta semidura (Appenzeller, Gouda, Emmental, Arzúa-Ulloa ou Mahón).
  • Con ensaladas con aliños potentes (César ou Waldorf) e cremas de verduras (cabaza, cabaciña, batata etc.).
  • Con dumplings ao vapor, á grella ou en wok con salsas, e mariñados asiáticos (teriyaki, unagi tare, yakiniku…).
  • Con sobremesas que conteñan chocolate con posibles combinacións con froitas como albaricoques ou pexegos (por exemplo, a torta Sacher).

Estrella Galicia 0,0 Negra  

Unha cervexa negra chea de sabor e carácter. Aproveitamos a plenitude sensorial dos maltes e dos lúpulos, pero esquecémonos do alcohol. Elaborar cervexa énos fácil, elaborar unha cervexa 0,0 como esta é un reto de mestres.  

Na súa elaboración destaca o uso da técnica de desalcoholización denominada destilación ao baleiro. Coa súa aplicación lógrase moderar a temperatura de evaporación do alcohol a cambio de lle aplicar baleiro ao proceso. O obxectivo é coidar ao máximo os aromas e sabores desta cervexa. 

INGREDIENTES  

Auga da cidade da Coruña, un coupage de catro maltes (pilsen, dark, caramel e black), lúpulos das variedades nugget e sladek. Fermento seleccionado de Hijos de Rivera.   

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 6,5 ºP  
  • Volumen de alcohol: 0%  
  • Unidades de cor: 90 EBC  
  • Unidades de amargor: 24 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 5 – 6ºC  

NOTA DE CATA 

É de cor negra con reflexos de cores cobre e rubí, con xenerosa e rochosa coroa de escuma beixe escuro. O aroma inicial a maltes tostados, que nos lembran a afumados, madeira e café, abre as portas a sutís notas de caramelo e cacao. Moderado perfil floral e lupulado.  

O sabor é intenso, dominado pola achega sensorial dos maltes. O sabor doce inicial cédelle o sitio a un amargo tostado, equilibrado por unha lixeira nota ácida. Amargo longo, acolledora adstrinxencia. 

Que comida encaixa coa túa Estrella Galicia 0,0 Negra? 

  • Ensaladas mornas de cogomelos salteados ou remolacha, acompañadas con queixos de pasta branda como O Cebreiro ou o rulo de cabra. Tamén lle vai moi ben o salmorejo.
  • Mariscos bivalvos ao natural ou ao vapor (mexillóns, berberechos ou ameixas) e peixes azuis escabechados (xarda, xurelo, atún etc.).
  • Aves cociñadas con elaboracións especiadas e complexas. Un exemplo: polo ao curry.  

1906 Reserva Especial 

A tradición cervexeira, o carácter único e as mellores materias primas únense para dar lugar a unha elegante lager extra con agradables notas tostadas.  

Elaborada a partir dun mosto específico no único centro de produción de Hijos de Rivera, na Coruña. Conta con un dos períodos de maduración máis longos entre as cervexas lager nacionais. 

INGREDIENTES 

Auga da cidade da Coruña, maltes de cebadas de dúas carreiras (pilsen e tostada), millo e lúpulo perle hallertau. Fermento seleccionado Hijos de Rivera.   

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 15 ºP  
  • Volumen de alcohol: 6,5%  
  • Unidades de cor: 15,5 EBC  
  • Unidades de amargor: 25 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 5 – 6ºC  

NOTA DE CATA 

De cor ámbar brillante, posúe aromas a malte tostado con suaves notas de caramelo e café. O lúpulo aparece en nariz con lixeiros matices florais e herbais. En boca predominan as sensacións tostadas e con cada grolo percíbese unha calidez amable e ben integrada.   

Con que acompañar a túa Cervexa 1906 Reserva Especial? 

  • Con queixos afumados, como o San Simón da Costa, o Idiazabal afumado, o queixo afumado de Pría…
  • Con verduras e hortalizas en forma de ensaladas mornas aderezadas con froitos secos e froitos do mar.
  • Con peixes preferiblemente azuis (graxos) con elaboracións moi variadas, como cocas, escabeches e brasas. Tamén encaixa moi ben co suxi e as salgas.
  • Admite carnes rotundas como o año e carnes cociñadas preferiblemente en forno de leña ou á calor das brasas

1906 Red Vintage

Unha intensa lager extra con excelente equilibrio entre os maltes, os lúpulos e o seu alto volume de alcohol.  

É o resultado da recuperación dunha receita histórica de Hijos de Rivera: a Especial Extra (A Colorada). A súa elaboración, no noso único centro produtivo, segue as nosas pautas tradicionais: as mellores materias primas, un mosto específico, unha garda prolongada etc.  

INGREDIENTES 

Auga da cidade da Coruña, maltes de cebadas de dúas carreiras (pilsen e tostada), millo e lúpulo nugget. Fermento seleccionado Hijos de Rivera.   

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 17 ºP  
  • Volumen de alcohol: 8%  
  • Unidades de cor: 21 EBC  
  • Unidades de amargor: 27 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 5 – 6ºC  

NOTA DE CATA 

Intensa cervexa da cor do ouro vello, brillante. Aromaticamente percíbese o equilibrio cara aos maltes, con agradables notas doces, a caramelo. En boca, o amargor equilibra o seu alto grao alcohólico e o seu lixeiro posgusto picante.   

Como combinar a túa cervexa 1906 Red Vintage?

  • Os queixos azuis son os ideais para a maridaxe con esta cervexa.
  • Con polbo á feira ou cefalópodos (como as luras) guisados.
  • Con peixes afumados (palometa, salmón, troita…), salgas (sardiñas, anchoas) e tatakis (atún).
  • Acepta gran variedade de carnes e elaboracións: as carnes de porco (como o porco ibérico), a caza menor escabechada e os adubos fortes. Tamén encaixa moi ben con embutidos ibéricos.  

1906 Black Coupage  

Unha lager extra negra marcada polas notas a café e regalicia que lle proporciona o coupage de maltes empregado na súa elaboración.  

A súa fabricación, no noso único centro produtivo, segue as nosas pautas tradicionais: as mellores materias primas, un mosto específico, unha garda prolongada etc. O peso que o coupage de catro maltes ten na receita é a base do carácter desta cervexa.  

INGREDIENTES 

Auga da cidade da Coruña, coupage de catro maltes con diferentes graos de tostado. Lúpulos nugget e sladek. Fermento seleccionado Hijos de Rivera.   

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 16,8 ºP  
  • Volumen de alcohol: 7,2%  
  • Unidades de cor: 90 EBC  
  • Unidades de amargor: 27 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 5 – 6ºC  

NOTA DE CATA 

É unha cervexa de cor negra, con reflexos de cor cobre e rubí. Aromas tostados que lembran os maltes e o café. En boca destaca polo seu pronunciado e prolongado amargor combinado con sutís notas de fondo que lembran a regalicia e o cacao.  

Con que podes acompañar a túa cervexa 1906 Black Coupage? 

  • Con diferentes variedades de carne, como a caza maior (xabaril, corzo…) ou o vacún maior, cociñadas con brasas pronunciadas, mariñadas (con especias e herbas aromáticas) ou aderezadas con chocolate.
  • Con sobremesas que inclúan na súa elaboración o chocolate ou o café (por exemplo, brownies, trufas ou tiramisú…) ou que permitan a incorporación da cervexa na súa preparación (biscoitos, madalenas etc.). 

1906 Galician Irish Red Ale

Unha cervexa de fusión de inspiración irlandesa, resultado da mestura de catro maltes e catro lúpulos que dan lugar a unha red ale galega con alma céltica.  

Durante a maceración cóidanse ao máximo as achegas sensoriais que se buscan coa utilización da mestura de catro tipoloxías de malte. Na etapa de ebulición do mosto engádense as tres variedades de lúpulo cultivado en Galicia (nugget, sladek e admiral). Cando á cervexa verde lle restan catro días de garda realízase un dry hoping co lúpulo provoak. Tras 24 días, La Pelirroja está lista para envasar.  

INGREDIENTES  

Auga de Galicia. Maltes pale ale, carared, carahell e malte de trigo torrefactado. Lúpulos nugget, sladek, admiral e provoak. Fermento SafAle S-04 de Fermentis.   

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 13 ºP  
  • Volumen de alcohol: 5%  
  • Unidades de cor: 50 EBC  
  • Unidades de amargor: 27 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 6ºC  

NOTA DE CATA 

É de cor cobre con reflexos rubí, con escuma cremosa de cor beixe. Aroma limpo, maltoso, que lembra as abelás e o tofe. Sabor moderadamente tostado, con recordos a biscoito, froitos secos (maltes) e lixeiramente floral (lúpulos). O resaibo é amargo e fácil de beber.   

Como podes acompañar a túa Cervexa 1906 Galician Irish Red Ale?

  • Con preparacións como o suxi, as salgas, os mariñados ou as conservas.
  • Con bivalvos ao natural ou en coccións suaves.
  • Con carnes como a de porco en preparacións tipo estufado ou guisos.
  • É moi recomendable con sobremesas que teñan vainilla, crema pasteleira, caramelo ou chocolate.  

Estrella Galicia Cerveza de Bodega / 1906 de Bodega  

As nosas dúas cervexas de adega son unha reinterpretación das cervexas coñecidas como kellerbier (keller significa ‘adega/soto’ en alemán).   

Baixo este nome englóbanse as cervexas centroeuropeas que se servían, aínda novas, directamente desde os tanques da adega dos cervexeiros ás xerras dos consumidores. Bebíanse nos Biergartens dos fabricantes. 

Non se trata, polo tanto, dun estilo, senón dunha familia ou tipoloxía de cervexa dentro da cal podemos incluír a Estrella Galicia Cerveza de Bodega (Pale Kellerbier) e a 1906 de Bodega (Amber Kellerbier).  

PROPIEDADES  

Fresca e sen pasteurizar   

A ausencia de pasteurización permite apreciar as características organolépticas da cervexa que se acaba de facer.  

Mantendo o punto de carbónico   

Nos tanques das cervexerías, a cervexa está contida nunha bolsa estéril dun só uso. Isto permite que durante a súa dispensación non entre en contacto con ningún gas.  

Deste xeito, o punto de carbónico co que sae das adegas de Hijos de Rivera consérvase constante durante todo o seu consumo.  

Conservando a cadea de frío, directamente desde as adegas da fábrica   

Cárgase nas nosas cisternas refrixeradas. Persoal propio especializado encárgase de transportala ás cervexerías, onde se descarga en tanques refrixerados de 250, 500 e 1000 litros de capacidade.  

Gózase así dunha cervexa que se serve directamente desde a adega da fábrica á copa do cliente.  

Directa ao consumidor  

O consumidor de cervexa de adega está a degustar un produto fresco, con corpo e carácter, que chega directamente da nosa adega ao seu vaso. Consérvase en todo momento a cadea de frío e mantense inalterable o contido de CO2  

Sen residuos de envase   

O noso modelo de cervexa de adega permítenos ofrecerlles aos consumidores a experiencia de gozar de cervexas diferentes sen xerar residuos de envase.  

Cerveza de Bodega 

Unha cervexa que, sen pasteurizar, chega directamente das nosas adegas ao momento de venda.  

A ausencia de pasteurización require que o seu transporte se realice en frío mediante unha rede de vehículos especializados e persoal propio. Nas cervexerías e nos camións, os característicos tanques manteñen a súa refrixeración e os mesmos niveis de carbónico cos que sae das adegas da nosa fábrica.  

O seu frescor e estas particulares características confírenlle uns atributos sensoriais propios que a converten nunha cervexa diferente.  

INGREDIENTES  

Auga da cidade da Coruña, maltes de cebadas de dúas carreiras (pilsen e tostada), millo e lúpulos nugget e perle hallertau. Fermento seleccionado Hijos de Rivera.  

ESTATÍSTICAS VITAIS

  • Extracto seco primitivo: 15,3 ºP  
  • Volumen de alcohol: 5,5%  
  • Unidades de cor: 9 EBC  
  • Unidades de amargor: 25 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 4 – 5ºC  

NOTA DE CATA  

Cervexa dourada e brillante. Cun perfecto equilibrio aromático entre os maltes e os lúpulos, a súa frescura e o proceso de distribución descritos proporcionan unha sensación de suavidade ao bebela que mellora as súas características como cervexa de sesión.   

1906 Cerveza de Bodega  

Nesta cervexa extraordinaria resumimos toda a nosa herdanza e recuperamos a antiga tradición alemá de servir as cervexas directamente desde as covas de maduración denominada Kellerbier ou cervexa de adega.  

Elabórase a partir dun mosto específico no único centro de produción de Hijos de Rivera, na Coruña. Conta con un dos períodos de maduración máis longos entre as cervexas lager nacionais.  

INGREDIENTES  

Auga da cidade da Coruña, maltes de cebadas de dúas carreiras (pilsen e torrada), millo e lúpulo perle hallertau. Fermento seleccionado Hijos de Rivera.   

ESTATÍSTICAS VITAIS  

  • Extracto seco primitivo: 15 ºP  
  • Volumen de alcohol: 6,5%  
  • Unidades de cor: 15,5 EBC  
  • Unidades de amargor: 25 EBU  
  • Temperatura de servizo recomendada: 5 – 6ºC  

NOTA DE CATA  

De cor ámbar brillante. Aromas a malte tostado con suaves notas de caramelo e café. O lúpulo aparece en nariz con lixeiros matices florais e herbais. En boca predominan as sensacións tostadas e con cada grolo percíbese unha calidez amable e ben integrada.  

Fábrica de cervezas Estrella Galicia

A Fábrica de Cervezas Estrella Galicia é un lugar para sorprender os amantes da cervexa con edicións limitadas. Un selo que nace en 2017 para innovar con receitas desde terra, mar e aire. 

As protagonistas habituais son as receitas de tempada, a partir de novos e sorprendentes ingredientes; pero en Fábrica de Cervezas trabállase tamén noutras dúas liñas: as colaboracións con aliados craft (innovamos con outras cervexeiras que comparten os nosos valores) e a interpretación de estilos (atrevémonos con outros estilos cervexeiros).  

A orixinalidade reside no emprego de ingredientes naturais e de orixe, que sexan novos no mundo cervexeiro, e mesmo algúns que nunca se usasen antes na elaboración de cervexa.  

Estes ingredientes incorpóranse directamente á cervexa en diferentes momentos do proceso de elaboración para garantir a súa mellor achega e converten cada lanzamento nun reto. Para iso, seleccionamos detidamente os mellores ingredientes colaborando con pequenos artesáns, cooperativas e outros provedores rexionais.  

Trátase de edicións limitadas, cun volume de produción moi reducido pola propia complexidade que require a súa elaboración e porque para nós supoñen un banco de probas.  

Así, consideramos que algúns lanzamentos poidan volver, ben como reedicións ou ben convertidas en novas cervexas do portafolio permanente de cervexas Hijos de Rivera. 

Cervexas Estrella Galicia de Edición Limitada 

  • Pimientos de Padrón con D.O. A Pementeira 
  • Calabaza e vainilla 
  • Percebes da Costa da Morte 
  • Castañas 
  • La Pelirroja Galician Irish Red 
  • Miel de Galicia 
  • Bidueira 
  • Naranja Valencia Late 
  • Galician Indian Pale Lager con lúpulos 100% galegos 
  • Grape Ale con 12 clases de uvas da Ribeira Sacra 
  • Madroño 
  • Pulpo á Feira