PRIMEIRA XERACIÓN DE HIJOS DE RIVERA

1906


1919

1906:  José María Rivera Corral comeza a súa iniciativa de fundar a Fábrica de Cerveza y Hielo Estrella de Galicia. Aproveitando que eran actividades complementarias, podía fabricar cervexa e, á vez, vender xeo e auga. Estes últimos eran os principais negocios nos primeiros anos da compañía. A nosa primeira cervexa, La Estrella de Galicia, comezou sendo unha cervexa estilo pilsen: sen pasteurizar en barril e pasteurizada de botella.

1910: Rexístrase o  primeiro logotipo de «La Estrella de Galicia», o día 9 de marzo de 1910.

1919: Comeza unha ampliación da fábrica para incrementar a produción e, deste xeito, mellorar a calidade das nosas cervexas. Esta obra termina en 1921

SEGUNDA XERACIÓN DE HIJOS DE RIVERA

1920


1942

1920: O número de sociedades cervexeiras redúcese radicalmente. Comezan as obras de construción da nova fábrica. Ramón Rivera, fillo de José María Rivera Corral, obtén a diplomatura de mestre cervexeiro en Nancy. Foi dos primeiros mestres cervexeiros de España con titulación.

1921: Á remodelación da fábrica súmanselle como novidades cervexeiras unha Munich, unha Bock e unha Doble Bock.

1925: Adáptase o terreo contiguo á fábrica para convertelo nun merendeiro onde servirlle ao público as nosas cervexas acabadas de elaborar.

1930: A fábrica medra e adquírense catro tanques novos, unha máquina para encher as botellas e outra para lavalas.

1936: Falece José María Rivera Corral e pouco despois comeza a Guerra Civil española. La Estrella de Galicia era xa unha sociedade que daba múltiples beneficios, con actividades máis diversificadas: subministración de xeo, auga etc. Ramón Rivera Illade, primoxénito de José María Rivera Corral, asume o control da sociedade.

1941: Constitúese a sociedade limitada «Hijos de José María Rivera, Limitada», co fin de lles facer fronte aos apuros económicos xurdidos como consecuencia da Guerra Civil. A produción queda parada pola escaseza de materias primas, pero nunca se chega a pechar a fábrica a pesar das dificultades da época.

1942: A fábrica para por primeira vez e Ramón Rivera pensa en renovar a maquinaria.

TERCEIRA XERACIÓN DE HIJOS DE RIVERA

1950


1982

1950: O consumo de cervexa aumenta de novo e a fábrica comeza outra vez a xerar beneficios. Na dirección pénsase en novas obras co fin de incrementar a produción.

1951: Recupérase a normalidade pola liberación dos prezos de compra da cebada e vólvese producir cervexa igual que antes.

1959: Comezan as obras para a remodelación da fábrica de Cuatro Caminos co fin de triplicar a produción. A dirección investiu en novas tecnoloxías e na creación de novos espazos industriais que axilizasen os procesos de fabricación.

1962: Conclúe a remodelación do edificio e transfórmase o antigo Ambigú na cervexería de La Estrella.

1964: José María Rivera Riguera e Ramón Rivera Riguera, tras falecer Ramón Rivera Illade e contando cunha fábrica aínda pequena, pensaron en introducir tecnoloxías máis avanzadas para satisfacer a demanda.

1968: Xorde o plan de establecer unha nova fábrica na Grela, dotada de tecnoloxía punteira grazas á terceira xeración da familia Rivera. Para iso, José María Rivera e Ramón Rivera contaron co proxecto do arquitecto Antonio Nolasco.

1972: Finalizan as obras da fábrica da Grela e nace a Especial Rivera, un novo produto dos irmáns Rivera para afianzar o mercado coruñés e expandirse polo territorio galego.

1977: Apóiase o investimento en desenvolvemento e investigación, coa creación dun laboratorio de análises de mostras para garantir unha calidade excepcional.

1980: Transfórmase a empresa en sociedade anónima e nace a nosa primeira cervexa sen alcohol.

1982: Comeza a fabricarse a primeira cervexa extra de Hijos de Rivera: a Especial Extra (La Colorada).

CUARTA XERACIÓN DE HIJOS DE RIVERA

1990


2020

1990:  Cae o consumo de cervexa debido á crise. Comeza a expansión internacional como cervexa premium.

1993:  Créase e sae ao mercado a cervexa 1906, en conmemoración do ano de inauguración da nosa primeira fábrica, unha cervexa cualificable como «de autor» e a de maior calidade da firma. Ao ano seguinte, empeza a diversificación do sector e adquírense participacións de «Aguas de Cabreiroá».

1997:  Prodúcese o lanzamento de HR, siglas referenciais de Hijos de Rivera, unha das primeiras cervexas modernas en España sen pasteurizar, destinada aos máis novos, con etiqueta serigrafiada en cores directamente sobre o vidro.

2006:  Diversifícase máis o portafolio, con mosto, sangría, sidra, viño e licores.

2011Lánzase a nosa actual Estrella Galicia 0,0 e comeza a primeira campaña nacional de márketing «Deberíamos conocernos», con investimento en patrocinios globais como Moto GP.

2013: Estreamos a 1906 Red Vintage, recuperando a receita da cervexa «La Colorada» dos anos oitenta. Ao ano seguinte, sae a 1906 Black Coupage.

2017: Lanzamos La Estrella de Galicia, recuperando a receita orixinal, aquela German Pils que naceu da nosa antiga fábrica hai máis de 110 anos.

2019: Inauguramos o noso Museo de Estrella Galicia: MEGA, un espazo onde vivir a experiencia cervexeira de forma única.

2020: Lanzamos ao mercado a 1906 Galician Irish Red Ale, a Estrella Galicia 0,0 Negra e a Estrella Galicia 0,0 Tostada.

QUINTA XERACIÓN DE HIJOS DE RIVERA

2020


A quinta xeración xa se incorporou á compañía. Quen sabe que máis nos deparará o futuro cervexeiro e que receitas faremos nos próximos anos.

Estade moi atentos, porque isto non fixo máis que empezar. Seguiremos elaborando cervexas respectando os nosos principios Big Craft. Receitas únicas, sustentables, cociñadas a lume lento e creadas cun único propósito: gozar da nosa paixón.

Amamos a cervexa sobre todas as cousas. Saúde!