Mega & Co engloba as colaboracións con marcas, organizacións e asociacións entre outros, que nos acompañaron e nos seguen acompañando ao longo dos anos. Todos compartimos valores e apostamos polas nosas raíces e orixes.

Unha homenaxe
á orixe

Porque a cultura non é só a literatura, a poesía ou a filosofía… a cultura é todo.

Asdo. Isaac Díaz Pardo | Sargadelos

Únennos moitas cousas: a tradición, a vangarda, o coidado artesán e a cultura, pero tamén a cervexa.

Estrella Galicia e Sargadelos estamos unidos desde hai anos, somos coembaixadores e levamos a nosa cultura polo mundo, somos dous símbolos de Galicia e homenaxeamos a nosa orixe.

Percorrido 1906.
Unha experiencia
histórica.

Unha visita á cidade da Coruña como en 1906, con carácter diferente, liberal, modernista e que finaliza no MEGA

Unha experiencia nova que comeza cunha visita guiada pola cidade vella da Coruña ambientada no ano 1906 da man do actor e historiador Suso Martínez e que finaliza na nosa casa, no MEGA.

A través desta colaboración, queremos reforzar o vínculo coa nosa orixe e a contribución ao desenvolvemento da nosa comunidade.