Moito máis seguros
MENOS É MOITO MÁIS
TI ES O CENTRO DAS NOSAS PRIORIDADES E A TÚA SEGURIDADE, O PRIMEIRO; POR ISO TOMAMOS MEDIDAS QUE MELLORARÁN A TÚA VISITA CON TODAS AS GARANTÍAS.


Menos exposición ao contacto é moito máis seguro, por iso che regalaremos todo o necesario para unha completa experiencia individualizada: un punteiro para todos os nosos interactivos, unha mostra das nosas materias primas e unha copa para que aprendas con nós como realizar un servizo perfecto.

Menos visitantes, pero moita máis atención individualizada, por iso só se realizarán visitas guiadas con reserva previa, establecendo horarios e percorridos que eviten a coincidencia de grupos.

Menos presenza de axentes infecciosos é moito máis seguro; por iso instalamos dispensadores de xel en todas as zonas do museo, así como unha alfombra desinfectante na entrada e viricidas nas nosas billas de autoservizo. Ademais, o MEGA límpase e desinféctase acotío con auga desionizada e realízase unha limpeza extra diaria de aseos e superficies de contacto.

Menos posibilidades de transmisión é moito máis seguro, por iso lle proporcionamos ao visitante máscaras e guantes de nitrilo. Ademais, todo o noso equipo dispón de máscara e pantalla facial e emprega xel desinfectante de maneira regular.

Menos permanencia de axentes infecciosos é moito máis seguro, por iso as instalacións se manteñen en constante ventilación.

Reducir as posibilidades de contacto é moito máis seguro, por iso instalamos cartelería e sinalización para lembrar as medidas de seguridade e o seu cumprimento, así como sinais no chan que axuden a manter a distancia de seguridade.

Menos interacción coas instalacións é moito máis seguro, por iso instalamos pantallas de protección para mostradores, medios para evitar tocar portas ou cortinas durante o percorrido e adaptamos todas as experiencias para que poidas seguir gozando delas plenamente con maior seguridade.
E SE QUERES SABER MOITO MÁIS…
Visítanos e descubre por que a túa visita non vai terminar no MEGA. Unha gran sorpresa está esperando por ti ao final do camiño.

…MOITO MÁIS VIRTUAIS
A nosa experiencia percíbese cos cinco sentidos; por iso, para garantir a túa seguridade e a do noso persoal, decidimos apostar pola virtualidade das nosas clases e catas.
