Visita personalizable

AGORA QUE XA TE DECIDICHES, PERSONALIZA A TÚA VISITA!
DESCUBRE O MEGA COAS NOSAS VISITAS, OBRADOIROS E PAQUETES ESPECIAIS

PAQUETES DE EXPERIENCIAS MEGA

Aproveita os nosos servizos combinados enfocados a todo tipo de visitantes. Desde unha visita cultural, pasando por algo máis ecolóxico, ou directamente buscando o descanso, é a capacidade de MEGA e da cidade da Coruña para agradar aos seus visitantes. A variedade está no sabor e a cervexa é a primeira en ofrecer isto, polo que non nos quedamos atrás e propoñemos esta serie de opcións.

Goza da nosa experiencia cervexeira cunha maridaxe de cinco das nosas cervexas con cinco conservas galegas.
Estás de visita na Coruña? Entón combina un percorrido pola cidade da Coruña cunha visita guiada ao MEGA.
Chega ao MEGA unha experiencia integral que suma á visita ao museo un sorprendente obradoiro de cata. Porque a cervexa vívese, séntese e… cátase! Imaxinas unha maneira mellor de gozar dunha experiencia 100 % cervexeira? Nós non. Por iso nos gusta axudarche a ver a cervexa cuns ollos diferentes. Seguro que probaches moitas cervexas, pero nunca deste xeito.
Queres vivir a nosa experiencia cervexeira? O noso guía acompañarate durante todo o percorrido.
Acompaña a nosa experiencia cervexeira cunha maridaxe de cinco das nosas cervexas con cinco queixos galegos.
Visita libre polos oito sectores do MEGA con acceso libre a todos os recursos expositivos e interactivos.
Queres ver A Coruña ao completo? Daquela combina un percorrido pola cidade da Coruña ambientado en 1906 cunha visita guiada ao MEGA.

Se queres ter un detalle de nivel con alguén que o merece, regala MEGA!

CÓMO
CHEGAR
AO MEGA

Mundo Estrella Galicia
Calle José María Rivera Corral

Autobús urbano Líña 11 Parada
c/ Jose María Rivera Corral.

O noso mundo abre para ti
Xaneiro a marzo / outubro a decembro: de 10:30 a 20:00h. Último acceso ás 18:00 h.
Abril a setembro: de 10:30 a 22:30h. Último acceso ás 20:00h.