1. Responsable do Tratamento:

O Responsable do Tratamento correspóndese co do titular do sitio web, cuxos datos completos son: Mundo Estrella Galicia, S.L.U. con CIF B70476676 e domicilio en Rúa José María Rivera Corral 6, 15008 de A Coruña. 

2. Datos tratados, finalidades e prazos de conservación

2.1 Datos tratados

Os datos obxecto de tratamento serán diferentes segundo os distintos apartados ou servizos postos ao dispor do usuario e que este empregue, así como os tratamentos adicionais permitidos ou autorizados polo mesmo.

Datos obtidos do usuario: son os datos facilitados polo usuario para a compra e adquisición das entradas, así como a subscrición aos nosos boletíns ou newsletters. Entre estes datos atópanse os datos identificadores e de contacto, tales como o nome e apelidos e o enderezo de correo electrónico, aínda que se solicitarán tamén os datos de pagamento, estes últimos para a realización de compras na nosa tenda. No proceso de adquisición de entradas, o comprador podería eventualmente facilitar un nome ou pseudónimo dos seus acompañantes, mais en ningún caso será susceptible de facer a esa persoa identificada ou identificable.

Nos formularios dispostos a tal efecto, indicaranse cales teñen o carácter de obrigatorio.

Datos non obtidos do usuario: No caso de acceso de menores ao estabelecemento deberase cumprimentar un formulario de acceso, no que se incluirán os seus nomes e apelidos, así como o dos seus pais ou titores, cando non sexan estes quen os acompañen.  

Durante a navegación, poderán facilitarse datos como os que envía o navegador, a dirección IP asignada polo seu provedor, información do dispositivo empregado ou determinados perfís asociados ao usuario.

2.2 Finalidades

As finalidades serán as seguintes

Contacto: O correo electrónico ou o teléfono facilitado para o contacto serán empregados para unha efectiva contestación ás cuestións formuladas.

Boletíns ou newsletters: O correo electrónico, que deberá ser verificado polo usuario, ou outros similares, como pode ser o teléfono, serán empregados para a remisión dos citados boletíns, de acordo cos seus intereses.

Compra de entradas: Os datos serán empregados para poder formalizar e xestionar a compra de entradas ao museo ou aos eventos alí realizados, así como para a personalización da experiencias dos visitantes.

Non se almacenan datos de pagamento, utilizándose a tal efecto plataformas de terceiros. Documentos de autorización: Serán necesarios os datos identificadores tanto dos menores como dos pais ou titores que autoricen a visita e acceso ás instalacións.

2.3 Conservación.

O prazo de conservación será o seguinte

Contacto: Os datos serán borrados cando se curse e responda a cuestión formulada polo usuario.

Boletíns ou newsletters: Os datos serán tratados dende que o usuario preste o seu consentimento ata a retirada do mesmo, que poderá outorgarse cantas veces queira. En cada comunicación, o usuario atopará un procedemento gratuíto e accesible para xestionalo.

Compra de entradas: Os datos serán tratados durante toda a relación contractual e, unha vez rematada, gardaranse durante cinco anos, en cumprimento da normativa fiscal e contable, así como para a xestión de posibles reclamacións.

Documentos de autorización: Serán conservados durante os prazos legalmente previstos, ou o que fose necesario para a xustificación de posibles reclamacións.

3. Lexitimación do tratamento:

De acordo cos tratamentos efectuados no sitio web, informamos a seguir das bases de lexitimación de cada un deles:

Execución dun contrato: Serán empregados os datos consignados no proceso de compra para a correcta execución do mesmo.

Consentimento: Será obtido debidamente para recabar as autorizacións, así como para a remisión de boletíns e novas, así como para dar oportuna resposta a todas aquelas cuestións ou preguntas formuladas polos Usuarios. O consentimento será sempre revogable e poderá retirarse en calquera momento.

Interese lexítimo: Corresponderá ao interese lexítimo do titular da conservación das autorizacións de entrada de menores no estabelecemento. Tamén de acordo con estas bases de lexitimación poderanse remitir comunicacións comerciais, de acordo cos gustos e intereses dos usuarios, en base aos produtos adquiridos e aos datos obtidos da súa navegación.

4. Exercicio de dereitos

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación acerca de se se está procedendo ao tratamento de datos persoais que lles concirnan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou oporse ao tratamento dos mesmos; neste caso, conservarémolos unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Para iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito a, Comité de Protección de Datos, rúa José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña ou ao enderezo de correo electrónicoprotecciondedatos@hdriv.es, incluíndo en ámbolos dous casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente.  

No caso de que desexe exercer o dereito de portabilidade, facilitaranse estes datos ao novo Responsable.

5. Destinatarios e cesións

Os datos non serán obxecto de cesión, salvo as legalmente previstas, nin se realizarán transferencias ocasiona