Se aínda estás valorando visitar o MEGA, estás no sitio adecuado.

O MEGA é unha forma de entender, percibir e observar o mundo, baseada na nosa orixe, na nosa tradición e na nosa identidade, con máis dun século de historia.

O MEGA é outro mundo. O Mundo Estrella Galicia. E para coñecelo tes que aprender a vivir a cervexa nivel MEGA. Por iso, creamos un espazo único no que tocala, ulila, vela e sentila como nunca antes o fixeras.

Xa se che está facendo auga na boca? Pois aínda temos moito máis que contarche. Por agora, toma nota das nosas 10 razóns, ou escusas, para visitar o noso Mundo Estrella Galicia.

1- Somos cultura

O primeiro e único museo de España dedicado á cultura da cervexa

Por se aínda non quedara claro, somos únicos, como a nosa cervexa. Detrás de cada cana, quinto ou terzo de Estrella Galicia hai unhas raíces, uns símbolos, unha familia, un carácter, un patrimonio e unha historia que merecen ser contados, pero tamén vividos. Así, decidimos crear non só o primeiro e único museo dedicado á cervexa en España, senón un museo diferente no que vivir e sentir a cultura da cervexa.

2- Somos unha fábrica

Un museo que está dentro da fábrica en activo de Estrella Galicia na Coruña

Queremos que coñezas o noso mundo, pero de verdade, así que decidimos situar o noso museo dentro da nosa fábrica na Coruña —a única fábrica de Estrella Galicia— para que coñezas os nosos procesos de elaboración da mellor maneira que sabemos contarchos, vivíndoos contigo.

3- Somos un museo

Pero con moi pouco de museo e moi moito de experiencias

O MEGA é un museo pouco convencional, un museo experiencial que vai moito máis alá dunha galería expositiva. No MEGA apreciarás, catarás e aprenderás sobre cultura cervexeira, historia, elaboración, materias primas, o noso coidado e saber facer, o percorrido da marca Estrella Galicia… En fin, un paraíso onde vivir e sentir a paixón pola cervexa.

Aínda non sabes o que é unha cana ben tirada? Tamén cho contamos.

4- Somos sensacións

Vivimos a cervexa cos cinco sentidos

No MEGA tocarás, ulirás, verás, sentirás, beberás, comerás, rirás e escoitarás. Porque a cervexa vívese cos cinco sentidos e queremos que o sintas todo. No noso mundo, valoramos a intensidade e a calidade das experiencias, por iso creamos o MEGA, un lugar no que sentir a cervexa a outro nivel.

5- Somos inéditos

Os primeiros en reivindicar o valor da cervexa

O noso museo é tamén un xeito de reivindicar o recoñecemento que a cultura da cervexa merecía e fomos os primeiros en facelo. Un maneira de abrir as portas ao apaixonante mundo cervexeiro que esconde a casa de Estrella Galicia: con paixón, espectacularidade e dun xeito multisensorial.

6- Somos o berce de Estrella Galicia

Cultura e historia viva da cervexa

A cultura da cervexa está no noso ADN. Na elaboración da nosa cervexa, na nosa tradición milenaria, nas nosas catas, no noso xeito de innovar e no noso máis dun século de historia. Porque se unha cervexa pode presumir de cultura, esa é a nosa.

7- Somos tradición

Amantes da arte de elaborar cervexa

Temos unha maneira de facer as cousas moi nosa, baseada en coidar cada detalle da elaboración, elixir as mellores materias primas e unha forma única de innovar, herdada do noso saber facer artesán. Facemos as cousas ao noso xeito, é algo que nos caracteriza. E o noso museo non se podía idear doutro modo.

8- Somos un destino

O teu centro de peregrinación

Queremos que o MEGA se converta no punto de referencia da peregrinación cultural por Galicia, por España e polo mundo. O noso obxectivo é ser o destino de ocio e turismo para os amantes da cervexa, os amantes de Estrella Galicia e os amantes da cultura, porque a cervexa tamén o é.

9- Somos diversión

Cervexa casa ben con pasalo en grande

Cremos firmemente que a diversión debe ser parte fundamental da experiencia MEGA, por iso ideamos plans cos que complementar a túa visita libre ou guiada ao MEGA. Para mergullarse no mundo da cultura da cervexa, pero de verdade: maridaxes, obradoiros de tirada e catas, así como eventos especiais nos que a música e a gastronomía son os protagonistas.

10- Somos #NivelMEGA 

Para vivir a cervexa a outro nivel

O MEGA non só ofrece unha experiencia doutro nivel, o que acada o noso museo por ser único e totalmente diferente a calquera outro museo, senón que ademais supera os límites do propio museo, chegando ata as casas dos máis cervexeiros a través de lotes especiais, obradoiros e actividades en liña enfocadas a continuar vivindo experiencias.

Non tiveches suficiente? Elixe a túa experiencia, personaliza a túa visita, ven vernos e non esperes máis para vivir a cervexa NIVEL MEGA.