Visitar MEGA
Toda a información do museo está en castelán, inglés e galego. As visitas son en castelán, pero podes contactar con nós a través do enderezo de correo info@mundoestrellagalicia.es ou do teléfono de atención ao visitante 981 931 906 se tes unha necesidade específica.
Abrimos de mércores a domingo, de 10:30 h a 20:00 h, aínda que o último acceso ao museo é ás 18:00 h.
Si, as diferentes visitas guiadas pódense combinar. Por exemplo, nunha parella, un pode escoller visita guiada con tirada e maridaxe de queixos e outro, visita guiada con tirada e maridaxe de conservas.
Entradas MEGA
Actualmente non contamos con descontos por grupos.
Se o número de asistentes á visita excede a cota aberta dos grupos, ponte en contacto con nós a través do teléfono de atención ao visitante 981 931 906. Axudarémosche a organizar a reserva.
Si, os nenos de ata 8 anos entran gratis. De 9 a 17 anos, poden beneficiarse da tarifa reducida da entrada.
En ambos os casos, tes que adquirir as súas entradas a través da páxina web, para garantir que reservamos a súa praza correspondente.
Temos diferentes tipos de visitas: a visita libre custa 15 €. Se prefires unha visita guiada con tirada, a tarifa xeral é de 25 €. A opción de visita guiada con tirada e maridaxe é de 32 €. Tamén podes complementar a túa experiencia cun obradoiro cervexeiro por 20 €.
Obradoiros e eventos
Outras preguntas
Efectivamente, podes acceder á tenda sen necesidade de adquirir unha entrada, pero sempre dentro dos horarios do museo.
As fotos gárdanse durante un prazo máximo de sete días.