Nesta sección informarémoste sobre todo aquilo referente ao MEGA no tocante a accesibilidade, entradas, descontos e visitas de grupos. 

Sabemos que actualmente estamos pasando por tempos difíciles, pero no MEGA asegurámonos de seguir sendo ese espazo onde poidas sentir a experiencia cervexeira de forma inesquecible. Axudámosche en todo momento a tomar as medidas de hixiene e protección necesarias para que a túa visita ao MEGA sexa segura.  

E, por suposto, guiámoste para que na túa visita ao MEGA contes en todo momento cun guía cualificado que non só te acompañará na túa visita, senón tamén a gozar en todos os sentidos. 

Entradas e descontos ao Museo de Estrella Galicia

Actualmente, debido á situación sanitaria, non ofrecemos descontos por grupos, estudantes ou para a terceira idade.  

Non obstante, si ofrecemos descontos a menores de idade: de 0 a 8 anos, a entrada é de balde e, de 9 a 17 anos, ofrécese a tarifa reducida (10 €/persoa). 

Visitas de grupos ao MEGA 

Como se comentou no apartado anterior, actualmente non existen os descontos por grupos.  

Se o número de asistentes da visita ao MEGA excede a cota aberta dos grupos, ponte en contacto con nós a través do teléfono de atención ao visitante 981 931906. Axudarémosche a organizar a reserva.   

Acceso ao museo

O MEGA é completamente accesible ao público. Todos os espazos contan coa mellor distribución e adaptación aos contidos, ás esixencias legais de circulación e á normativa de evacuación e accesibilidade.  

A audioguía conta tamén con lingua de signos, texto con letra ampliada e audio para aquelas persoas con algún tipo de discapacidade física. 

O MEGA é para todos e seguirá sendo así. Se existe algunha situación especial que queiras comentarnos relacionada coa túa visita ao MEGA, non dubides en poñerte en contacto con nós. Encontraremos unha solución xuntos.