Se es fan de Estrella Galicia, este é o teu lugar. 

Cando dicimos que somos moito máis que un museo, falamos en serio.  

No MEGA contamos coa nosa propia tenda oficial, un espazo exclusivo no que podes encontrar produtos cervexeiros únicos. 

Se es un amante da cervexa, un fan de Estrella Galicia, un curioso coleccionista, queres ter un detalle «de nivel» con alguén ou facerte un autorregalo, este é o teu lugar. 

Que podes encontrar na tenda oficial MEGA? 

Todo o que un beer lover desexa. Desde pezas exclusivas, detalles de coleccionista, merchandaxe, kits cervexeiros, lotes especiais e edicións limitadas, ata Estrella Galicia de bodega para levares para a casa e un córner Homebrewery! Para os que non se conforman con bebela, senón que queren tamén fabricala.  

Podes vir sen visitar o museo. 

As nosas portas están abertas para todos e podes acceder á nosa tenda oficial desde o exterior, sen a necesidade de contar cunha entrada ao museo. 

Ven e descubre todos os produtos seleccionados Nivel MEGA.